Inicio

SOBRE A OBRA DE BRAXE

MANUEL PÉREZ GRUEIRO, bibliotecario e critico de arte.
A obra de Braxe sempre merece unha atención especial, pola súa técnica, pola súa creatividade e pola súa filosofía. Tecnicamente, é un home afinado, cunha seguridade no seu traballo e un dominio innegables, xa recoñecidos, sobre todo no debuxo. Se é e foi un artista discutido, xamais se lle poderá negar o seu valor técnico e estético. Domina netamente o seu oficio, non ten fallos nese aspecto. É só na temática e no xeito de transmitir a súa mensaxe onde asombra, inquieta e incluso esperta o rexeitamento daqueles acostumados ó vello e estancado estilo ferrolán, por lle chamar dalgún xeito. E como home que busca, tamén se lle debe recoñecer o seu valor, sen preocupación polos erros ou polos camiños aparentemente truncos, creando constantemente.

***

ANDRÉS SANTALLA LÓPEZ e MANUELA SANTALLA LÓPEZ, historiadores.
Para Braxe a cuestión artística baséase nun matiz vivencial. O artista forma parte dunha comunidade determinada e a súa arte expresa a idea que el posee do mundo circundante. Como artista, sabe que non hai un camiño único para expresarse, sen antes descifrar, día tras día, as propias dúbidas, calquera experiencia artística; para así, poder transmitir emocións máis íntimas. Esta mirada «braxiana» será a combinación dunha persoa coherente na súa vida e na súa obra, reflexiva, solidaria, cunha profunda independencia de criterio con respecto ás modas artísticas, cun tratamento diverso da expresión: trazo doce no debuxo, xogos de luces, a tenrura en movemento nas súas escultura femininas, o sufrimento e a derrota nas súas esculturas irmandiñas. Braxe é un dos poucos artistas ferroláns no que a temática feminina está moi presente. Pintura, escultura, gravados, son os soportes na que a mirada braxiana nos achegan unhas imaxes intimistas e afables, onde non existe a muller como alegoría ética representando a virtude ou a liberdade. É unha muller en grandes liñas, en actitudes inquietantes e de guiño ao espectador, cunhas grandes doses de carnalidade como amasan as súas últimas pinturas. Como ben dixo Braxe nunha ocasión: «na escultura, a matemidade representaría unha liña branda do amor materno, como entrega dese sentimento profundo e universal, onde ahondan as oquedades, a muller como ser receptivo e productora de vida; e unha liña dura, representada pelas mulleres dos Irrnandiños de temática máis dramática, de berro fondo contra a barbarie e a aniquilación».

***

DANIEL CORTEZÓN, dramaturgo.
Cando nas súas esculcas encol dos limiares da pintura e da poesía, G.E. Lessing se enfronta ó tema da expresión do «grado verdadeiramente patético» da dar inaudible que pode atoparse no Laocoonte en com­paranza coa manifestación audible da dor tráxica que Sólloces pon nos beizos de Filoctetes, chega á conclusión de que Laocoonte non berra, que ten a boca pecha coa dignidade da dor contida, e que esta é a maneira de expresala: «La completa abertura de la boca forma en pintura una mancha y en escultura una cavidad de efecto desagradable a más no poder». Braxe, en boa parte da súa obra (poñamos por exemplo a serie Irmandiña) fa¡ berrar ó ceo ós personaxes que xorden distorsionados, beizos e bocas abertas nun frémito polo loita, a derrota e a dar. Braxe non foxe da expresión patética que afea a realidade que de seu, é monstruosa. Polo contra, Braxe caletra nese mundo e ten a valentía de mostralo, a valentía dos solitarios, dos que camiñan sabéndose sós e a contracorrente, e brada ás parellas coa súa obra e nela.

 


 

BIOGRAFÍA

Nado no ano 1938 once de o día de San Martiño na parroquia de Santa María de Caranza, concello de Serantes. Fago os estudios primarios na escola dos irmáns da Salle, naquel entón chamábase «A escola obreira», pois era para os fillos dos obreiros da Empresa Nacional Bazán.
Aos 14 anos ingreso como aprendiz de carpintería nesa compañía, e aí desenrolo toda a miña vida laboral, ata a miña prexubilación aos 58 anos.
A miña formación artística foi de “cuchara” que é como se lle chama en Ferrol a aqueles que non pasaron polas academias. Se ben si pasei pola «academia» da empresa Bazán onde me aprenderon nas súas escolas, matemáticas, xeometría, álxebra, trigonometría, xeografía, gramática, debuxo lineal, entendemento de planos… e relixión. Débolle a esta empresa o terme formado tecnicamente como profesional; ben, eu tamén puxen algún interese. Tamén estiven un ano con Carlos Villamil facendo paisaxe, e outro curso con Ricardo Segura perfeccionando o debuxo.
O resto, moita paciencia, traballo, e a non me conformar con que ía facendo, estivese mal ou ben.