Inicio

Xoán Braxe : Nado no ano 1938 once de novembro o día de San Martiño na parroquia de Santa María de Caranza concello de Serantes. Fago os estudios primarios na escola dos irmáns da Salle , naquel entón chamábase “A escola obreira”, pois era para os fillos dos obreiros da Empresa Nacional Bazán. A os 14 anos ingreso como aprendiz de carpintería nesa compañía, e aí desenrolo toda a miña vida laboral ata os 58 anos que prexubilome.
A miña formación artística foi de “Cuchara” que é como se lle chama en Ferrol a aqueles que non pasaron polas academias. Se ben si pasei pola “academia da empresa Bazán” onde me aprenderon nas súas escolas, matemáticas, xeometría, álxebra, trigonometría, xeografía, gramática, debuxo lineal, entendemento de planos ….. e como non relixión. Débolle a esta empresa o haberme formado tecnicamente como profesional; ben, eu tamén puxen algún interese. Tamén estiven un ano con Carlos Villamil ( pintor ferrolán ) facendo paisaxe, e outro curso con Ricardo Segura ( pintor ferrolán tamén ) perfeccionando o debuxo.
O resto, moita paciencia, traballo, e a non me conformar con que ía facendo, estivese mal ou ben.